Publicidad

A cedeiresa Guadi Galego estrea novo tema, «Fronteiras»

FERROL360 | Domingo 25 marzo 2018 | 11:58

A cantante cedeiresa Guadi Galego publicou esta semana un novo tema baixo o título: «Fronteiras». A artista utilizou a súa páxina de Facebook para lanzar o tema o pasado venres 23 de marzo.

A gañadora do premio Premio Martín Códax da Música á mellor artista na categoría de canción de autor durante o 2016, anunciou un peche de etapa que quere convertir nunha celebración e con esta canción quere agradece o apoio de todos os seus seguidores.

Guadi visitará Ferrol o vindeiro 4 de maio as 21.00 no teatro Jofre onde tocará acompañada polo cuarteto de cordas e o trío de vento que lle dan esa sonoridade incrible ao seu terceiro traballo en solitario, «O mundo está parado».

A continuación, podedes disfrutar do tema da cantante.