FERROL360 | Xoves 10 outubro 2013 | 16:55
O Concello de Neda acollerá esta fin de semana unha representación teatral destinada a facer rir ao público familiar. Trátase de Contos para escagarriñarse, unha comedia da compañía Ghazafelhos que narra tres historias de terror, misterio e loucura. Baséase nos contos que de xeración en xeración se veñen contando ao longo dos tempos para entreter aos máis pequenos. Os protagonistas desta peza son Montse Piñón, Jorge Casas e Pepablo Patinho.
A obra comezará ás 18:30 horas e o prezo das entradas é de 1 euro para o público infantil e 2 euros para os adultos. Pódense mercar dende este xoves na Casa da Cultura de Neda, lugar onde se levará a cabo a función o vindeiro sábado.
Debate sobre el post