Publicidad

A danza contemporánea de Momento Blooming alumea este xoves as Noites na Capela

FERROL360 | Mércores 2 outubro 2013 | 17:06

Unha proposta cultural diferente chega este xoves ao Centro Torrente Ballester. As habituais actuacións puramente musicais, que enchen semanalmente o ciclo Noites na Capela, abren paso a un espectáculo de danza contemporánea.

Cristina Montero e Rut Balbís dirixen Momento Blooming, un show que mistura o íntimo co superficial, a risa co pranto, a realidade coa ficción… Os opostos en torno á danza funcionan á perfección nesta experiencia innovadora que chega da man destas dúas artistas que aseguran ter a solución aos nosos problemas. A súa suxestión é contemplar o espectáculo onde «corpo, movemento, música e danza se xuntan para facer un cóctel anticrise».

A representación terá lugar este xoves ás 21:00 horas, e o custo das entradas é de 4 euros. Están á venda no despacho do teatro Jofre ou na páxina web do Concello de Ferrol.

A danza contemporánea de 'Momento Blooming' chega este xoves ao Torrente Ballester (Foto: Cedida)
A danza contemporánea de ‘Momento Blooming’ chega este xoves ao Torrente Ballester (cedida)