FERROL360 | Martes 25 xullo 2017 | 13:40
O Concello de Ferrol ven de recibir dúas novas liñas de subvencións da Deputación da Coruña para a mellora da competitivide turística, encadradas dentro do programa dirixido a entes de xestión, asociacións, mancomunidades e consorcios turísticos.
Neste caso, explican desde o Concello, achegan 100.000 euros á Mancomunidade para levar a cabo un Plan de competitividade da comarca de Ferrolterra coma destino de turismo activo, e 80.000 euros á Sociedade Mixta de Turismo de Ferrol para fomentar a calidade do produto turístico de Ferrol e apoiar a celebración de eventos.
Dende a Concellería de Turismo, que dirixe Suso Basterrechea, subliñan que o obxectivo claro nos vindeiros anos é precisamente «afondar máis na idea de que Ferrol é un destino turístico competitivo e especialmente no ámbito do turismo activo, xa que a comarca ofrece unha condicións inigualables».
Debate sobre el post