Publicidad

A empresa pontesa de Artes Gráficas Einsa Print asina un Plan de Igualdade

FERROL360 | Luns 5 outubro 2015 | 16:10

CCOO asina o I Plan de Igualdade na empresa de Artes Gráficas Einsa Print asentada en As Pontes e que conta con máis de 250 traballadores. As negociacións para asinar este Plan comezaron hai un ano e terá unha vixencia de 24 meses, tempo no que a comisión de seguimento traballará para acadar os obxectivos marcados.

Uns obxectivos que pasan por promover na empresa o principio de igualdade de trato entre mulleres e homes, garantindo as mesmas oportunidades profesionais no emprego, selección, contratación, retribución, formación, desenrolo, promoción e condicións de traballo.

Tamén se busca garantir na empresa a ausencia de discriminación por razón de sexo, especialmente as derivadas da maternidade, paternidade, a asunción de obrigas familiares, o estado civil e condicións de traballo.

Outro dos obxectivos principais será eliminar toda manifestación de discriminación na promoción interna e selección co obxecto de acadar unha representación equilibrada da muller na empresa. Prever o acoso laboral, sexual e o acoso por razón se sexo, implantando un código de conduta que protexa a todos os traballadores de calquera ofensa de natureza sexual será outra das metas.

Por último, se promoverá mediante acción de comunicación e formación a igualdade de oportunidades en todos os niveis organizativos e se potenciará a conciliación da vida profesional, persoal e familiar de todos os traballadores, con independencia da súa antigüidade na empresa.