Publicidad

A escritora e psicóloga, Rosa Jové, participan nunha xornada organizada por BBTTA- Narón

FERROL360 | Martes 27 outubro 2015 | 9:30

A Asociación BBTTA- Narón organiza para o vindeiro mes de novembro unha xornada, con charla e taller, na que participará a escritora e psicóloga, Rosa Jové. Autora de libros como Dormir sin lágrimas o Crianza feliz, Jové falará sobre como resolver conflictos e rabietas nos peques.

A cita terá lugar o vindeiro 14 de novembro no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros, en Narón. A primeira actividade será ás 11:30 horas, cunha charla aberta, e gratuíta, titulada «Xestión das rabietas».

Ás 16:30 horas, dará comenzó o taller «Resolución de conflictos ó longo de toda a infancia». As prazas serán limitadas e os interesados deberán apuntarse no enderezo electrónico: a bbttanaron@yahoo.es, a partir deste venres. No mesmo, hai que indicar nome completo dos adultos que asistirán como unidade familiar, e o número de nenos e as suas idades.

Para os socios de BBTTA o taller será de balde, mentres que as personas que desexen asistir e, non sexan socias, terán que abonar unha entrada de 5 euros.