FERROL360 | Luns 2 novembro 2015 | 14:31
Una vez convocadas as Eleccións Xerais 2015, os Concellos de Ferrol e Narón abren o prazo de exposición pública dos censos electorais desde este martes e ata o día 9 de novembro.
O obxectivo da exposición é que os cidadáns comproben que os seus datos censáis son correctos e, no caso de que non sexa así, podan modificalos. Para iso deberán presentar unha reclamación administrativa formulada polo propio interesado e previa identificación.
O Concello de Ferrol está adherido ao sistema informático que permite consultar o censo vixente e tamén se pode descargar a aplicación CONOCE. En Narón, establecéronse os seguintes teléfonos para realizar a consulta: 981.217.439, 981.217.427 en horario de luns a venres, de 09.00 a 14.00 horas e desde as 16.00 ata as 18.00 horas. O sábado día 7 de 09.00 a 14.00 horas.
Debate sobre el post