Publicidad

A Policía Local de Narón incorpora tres novos axentes ó seu persoal

FERROL360 | Luns 25 maio 2015 | 19:08

Tres novos axentes incorpóranse ao persoal da Policía Local de Narón despois da súa toma de posesión como funcionarios de carreira este luns. Os policías superaron a oposición no ano 2012 e logo de completar con éxito o curso teórico-práctico na Academia Galega de Seguridade Pública incorpóranse ao persoal deste corpo, que suma así 37 axentes municipais.

Os novos axentes son Roberto Grandal Teijeiro, Martín Vilariño López e Aitor Hermida Santiago. Na súa toma de posesión estiveron presentes o secretario xeral do Concello de Narón, Alfonso de Prado, o xefe da Policía Local de Narón, Eduardo Pita, o concelleiro de Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo e o alcalde, José Manuel Blanco.

Publicidad

Banner parque ferrol