Publicidad

A praia da Cabana volve ser apta para o baño

FERROL360 | Xoves 6 agosto 2015 | 17:04

Unha vez finalizado o episodio de contaminación microbiolóxica, a praia da Cabana volver ser apta para o baño. Así quedou confirmado na última análise realizada pola Xunta de Galicia e comunicada ao Concello de Ferrol. Polo que a paia xa pode ser utilizada novamente polos bañistas.

Nesa análise atopáronse menos de 1500 NMP/100 ml de entreococos intestinais e menos de 1500 NPM/100 ml de Escherichia coli. Estes niveis son aceptables polo que non supoñen un risco para a saúde dos bañistas

De todos os xeitos, o Concello manterá o cartaz coa cualificación sanitaria final da auga de baño no areal.