Publicidad

A primeira ópera rock feita en Galicia, ‘The Rebel’, chegará a Ferrol o 25 de maio

FERROL360 | Mércores 17 maio 2017 | 12:24

The Rebel, a primeira ópera rock feita en Galicia, chegará á sede de Afundación de Ferrol o vindeiro 25 de maio. A obra xira en torno á figura de Pàdraig Pearse, poeta, mestre e líder do alzamento de Pascua irlandés.

Pearse é apresado e condenado a pena de morte tras ler a declaración de independencia nas escaleiras da oficina postal de Dublín, xunto co seu irmán William. Os dous poemas máis importantes de Pàdraig Pearse foron feitos desde a súa cela a escasas horas do seu fusilamento, un dedicado a súa nai e outro á beleza da vida.

O protagonista interactúa co público nas pezas teatrais e convive no escenario coas bailarinas integrantes do grupo Irish Treble e co cantante Iván Caride. A rodaxe da curtametraxe inclúe imaxes da costa de Loiba, entre outros, emulando as paisaxes e localizacións orixinais de Irlanda e París a comezos de século.

The Rebel é obra dos músicos Iván e Miguel Caride, que mesturan música, teatro, danza e cine. A proxección será ás 20:30 horas e a continuación terá lugar unha charla-coloquio co director do proxecto, Óscar Doviso, e os produtores e creadores Miguel e Iván Caride.

As entradas están dispoñibles na páxina web Ataquilla ou no teléfono 902 504 500. Aí vai un pequeno adianto.

https://www.youtube.com/watch?v=Z8RGeRxDxH8