FERROL360 | Sábado 20 decembro 2014 | 17:26
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, afirma que ten previsto elevar o Plan reitor do parque natural das Fragas do Eume ao Consello da Xunta en datas próximas para comezar a súa tramitación.
Vázquez fixo estas declaracións este sábado nunha visita ao centro de recepción a visitantes deste parque. Neste acto tamén estiveron presentes a directora xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado, e a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo.
A titular de Territorio indicou que dende a Xunta queren potenciar e facer compatibles a conservación do medio natural e as oportunidades económicas, turísticas, sociais e culturais que ofrece este espazo.
Precisou que por esta razón deseñouse o Plan reitor do parque natural das Fragas do Eume, un plan de uso e xestión que integra as necesidades de conservación e restauración cos aproveitamentos tradicionais.
Vázquez subliñou que o obxectivo último do seu departamento é contar cunha folla de ruta que valorice este espazo, conxugando a preservación da súa riqueza natural coas potencialidades que ofrece como destino turístico.
Asimesmo, explicou que este documento nos últimos meses someteuse a unha rolda de consultas para coñecer a opinión de axentes implicados como alcaldes, empresarios, propietarios e asociacións de veciños que viven na zona protexida e no seu contorno.

