FERROL360 | Venres 23 febreiro 2018 | 8:56
O ‘Pasteliño de Entroido’ do restaurante A Trasanquesa e o ‘Niño de pasta Kataifi de ovos de codorniz’ de Casa Sindo foron as tapas gañadoras do público do Concurso de Tapas de Entroido de Narón na modalidade de tapa de Entroido e creativa, respetivamente. Cada un recibiron un premio de 250 euros.
Pola súa banda, o xurado premiou a proposta ‘Entroidiño na broa’ do Mesón O Pío na modalidade de tapa do Entroido e na de tapa Creativa foi para Mamá Flora e a súa elaboración ‘Niño de Entroido’. Neste caso, cada local obtivo un premio de 400 euros.
A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro e o concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar participaron na entrega de premios este xoves xunto a José Luis Suárez e Eliseo Faraldo, en representación do xurado. Os representantes municipais salientaron a calidade das propostas e os esforzo que os locais hostaleiros realizan na elaboración das tapas.
No certame participaron 20 establecementos de hostalería de Narón, que presentaron en total 24 elaboracións gastronómicas nas modalidades de Entroido e Creativa, doces e salgadas, que se puideron degustar e valorar grazas ás papeletas que se distribuíron nos propios locais.
No concurso tamén se sortearon cinco ceas para dúas persoas entre o público que votou por algunha das tapas presentadas ao concurso polos establecementos participantes e deixando a papeleta cos seus datos ben cubertos na urna que se colocou en todos os locais inscritos no certame. Froito do mesmo resultaron gañadoras as seguintes personas: Suso Caneiro, Manuel José Díaz, Mª Mar Díaz, Emilio Bugallo e José Manuel Picos.
Debate sobre el post