FERROL360 | Luns 25 maio 2015 | 18:00
A Universidade da Coruña vén de facer público o concurso de proxectos para a concesión da cafetaría-comedor do Campus de Ferrol, en Esteiro. A idea da UDC é impulsar a creación dun viveiro de empresas nestas instalacións para a posta en marcha dunha idea empresarial deste sector.
Poderán presentarse aos concurso os estudantes dun ciclo formativo de FP ou titulados nos últimos catro anos que queiran poñer en marcha o seu propio proxecto empresarial baixo a forma legal dunha cooperativa, cun mínimo de tres persoas.
O ámbito territorial deste concurso é Galicia, pero terán preferencia os proxectos presentados dentro das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. As solicitudes presentaranse en calquera dos rexistros da Universidade da Coruña ata o 22 de xuño deste ano.
O plan de negocio que se presente, redactado en galego, debe incluír o detalle suficiente para xustificar a súa viabilidade. Un xurado formado por persoal da Universidade e da Consellería de Educación será quen decida o proxecto gañador, que terá asesoramento e seguimento do seu proceso empresarial.
Para máis información podedes pinchar aquí:
Debate sobre el post