Publicidad

Aberto o prazo de inscrición para participar na Primeira Carreira Solidaria Santander de Narón

carrera-naron

FERROL360 | Sábado 12 noviembre 2016 | 12:21

Narón será a vindeira parada do circuíto estatal das «Carreiras Solidarias Santander», que a entidade bancaria patrocina para recadar fondos para a Cruz Vermella. A recadación destinarase ao desenvolvemento de proxectos de formación e emprego para persoas desempregadas na localidade.

A cita deportiva e solidaria terá lugar o vindeiro 27 de novembro baixo o lema «1, 2, 3 a correr. Corre con nós e deixa a túa pegada solidaria». A distancia a percorrer é de cinco quilómetros e os interesados en participar poden inscribirse ata o 25 de novembro a través desta web ou o mesmo día da carreira de 9:00 a 10:00 horas na rúa 10 de Marzo.

O prezo da inscrición é de 13 euros ou 8 para os adultos -coa entrega ou non dunha camiseta do evento, respectivamente- e dun euro para os participantes das categorías infantís. Da cuota de inscrición de adultos un total de 4 euros destinaranse á Cruz Vermella Asemblea Comarcal de Ferrol e de xeito íntegro o euro recadado nas categorías infantís.

A entrega dos dorsais e da bolsa dos corredores terá lugar tamén na carpa do Banco Santander, o propio día 27 de 9:00 a 11:00 horas. Nas categorías masculina e feminina de adultos os tres primeiros clasificados recibirán unha medalla e os dez mellor clasificados unha camiseta de Top Finisher.

Mentres que nas dos participantes de entre 4 e 15 anos se entregará a todos unha medalla pola súa implicación, sendo as dos tres primeiros de ouro, prata e bronce, respectivamente.