Publicidad

Aberto o prazo para anotarse na XXVII Feira da plantación de San Sadurniño

FERROL360 | Luns 8 abril 2024 | 13:55

San Sadurniño acaba de facer público o programa completo da XXVII Feira da Plantación, que terá lugar o domingo 28 de abril no espazo da Cortiña e ao longo do paseo fluvial do Xubia. O encontro xa ten aberto o prazo de reservas para os diferentes postos. O evento celébrase dende fai anos e é un dos máis concorridos dos que organiza o Concello. Este ano espérase superar o número de expositores e de visitantes do ano pasado, cando o evento marcou un récord en canto a participación e vendas.

As persoas interesadas en participar como expositores teñen ata o 22 de abril para reservar o seu espazo. A feira abrirá as súas portas ás 10:00 e continuará ata as 20:00 horas, ofrecendo un día completo de actividades para toda a familia. A cita é o escaparate perfecto para que empresas e persoas relacionadas co sector agrario, en especial, productos alimentarios, plantas de temporada e árbores froiteiras expoñan os seus produtos. O evento contará con actividades como música, obradoiros infantís, demostracións e degustacións.

Música e concursos

Ademais, haberá un mercado agroalimentario e artesán onde os visitantes poderán adquirir produtos de proximidade e calidade. Haberá demostracións de arte floral e de cociña sostible, degustacións de produtos elaborados na Fusquenlla, unha sesión de pintura ao vivo con Leandro Lamas, o cadro que faga sortearase ás 19:45 horas, varias charlas sobre xeoloxía, con exposición de rochas do Xeoparque de Cabo Ortegal, ofrecidas polo xeólogo, Fran Canosa e a actuación musical do Trío de Tres.

Tamén haberá os tradicionais rifas presenciais entre as papeletas que se entregarán con cada compra e, só por vir á feira, levaremos de balde a bolsiña de de plantas de Vivergal. O recinto contará, por último, cun posto para xantar, aínda que tamén é boa opción reservar en calquera das casas de comidas que hai en San Sadurniño.