FERROL360 | Domingo 20 decembro 2015 | 17:05
A I Mostra de Artesanía Creativa e Novas Tendencias de Ferrol, EscapArte, terá lugar do 26 e 27 de decembro no centro cultural Torrente Ballester. Unha iniciativa na que se darán cita postos de artesanía, coloquios, proxeccións e obradoiros para nenos.
As prazas para estes obradoiros infantís, para nenos de 5 a 12 anos, son limitadas e é preciso realizar unha inscrición previa. Os interesados poden contactar coas tendas que impartirán estas actividades, que son gratuítas, antes do mércores 23 de decembro.
O obradoiro de coroa de Nadal terá lugar o sábado 26, ás 18:00 horas, con Rita Rita, unha tenda especializada en scrapbooking. O seu local está na rúa Galiano, 34, en Ferrol e o teléfono é o 881.127.248
O segundo dos obradoiros é de Pintura en tea, que se impartirá o domingo 27 ás 18 horas con A Vella Fábrica de Lapis, unha tenda de material de artes e manualidades. Está situada na rúa Lugo 61, en Ferrol e o teléfono é 881.940.573.
Podedes consultar o programa completo de EscapArte nesta ligazón.
Debate sobre el post