FERROL360 | Martes 3 novembro 2015 | 10:35
A concellería de Normalización Lingüística convoca o II Certame literario «Carmela Loureiro», dirixido ao alumnado de Primaria, Bacharelato e Ciclos dos centros de ensino de Ferrol. Os particiantes poden concursar en tres categorías: microrrelato, micropoesía e microteatro, que incorpórase por primeira vez.
O alumnado dos centros de ensino da comarca que forman parte da Coordenadora de Equipos de Normalización Lingüística de Ferrolterra, CENL, tamén poderán tomar parte no certame. O prazo para entregar os traballos en cada centro na fase interna remata o 16 de novembro e para a fase intercentros remata o 16 de decembro de 2015.
Este certame sirve coma homenaxe a Carmela Loureiro. Unha profesora en Ferrolterra e presidenta do CENL durante anos, que adicou o seu tempo e o seu saber á lingua e aos máis novos.
Nesta edición establécense catro categorías na modalidade de microrrelatos e tres categorías na modalidade de micropoesía. Deste xeito, ábrese o certame ao último ciclo de Educación Primaria, e unha categoría na de microteatro.
Así, en microrrelatos e micropoesía haberá a categoría A para 5º e 6º de educación primaria; categoría B para 1º e 2º de ESO; categoría C para 3º e 4º de ESO e categoría D para Bacharelato e ciclos. En microteatro só hai unha categoría, a D.
Para consultar as bases completas podedes atopalas nesta web.
Debate sobre el post