FERROL360 | Xoves 29 novembro 2018 | 9:30
O vindeiro 16 de decembro celebrarase no recinto feiral do Trece, na parroquia de Sedes, a décima edición do Mercado de Segunda Man. Aquelas persoas interesadas en instalar postos no recinto deben cubrir unha instancia que poden recoller no Rexistro do Concello, de luns a venres en horario de 8.30 a 13.30 horas.
O Mercado de Segunda Man estará operativo de 10.00 a 14.00 e desde as 16.00 ata as 19.00 horas e o número de participantes no mesmo está limitado a un máximo de 120, debido á capacidade do recinto feiral. As persoas que instalen os postos terán que entregar un mínimo de catro quilos de alimentos ou produtos de limpeza, que se entregarán ao Centro de Recursos Solidarios de Narón.
Así mesmo, a concelleira de Feiras e Mercados, Mar Gómez, recalcou que esta convocatoria está aberta a particulares, non a comerciantes nin vendedores ambulantes, que non se admitirán animais, produtos alimenticios ou bebidas e que está prohibida a venda de artesanía.
A montaxe dos postos será o día previo ao evento, na xornada do 15 de decembro, a partir das 16.00 horas ou o propio día, o 16, de 8.00 a 10.00 horas e a inscrición é de balde.
Debate sobre el post