Publicidad

Adxudicadas as obras dunha nova senda entre Cabanas e A Pena

FERROL360 | Sábado 3 xuño 2017 | 14:05

Co obxectivo de mellorar a mobilidade dos veciños e incrementar a súa seguridade, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda adxudicou unha nova senda na estrada entre Cabanas e o lugar da Pena, na AC-141. A actuación ten un importe de máis de 385.000 euros, cofinanciado polo Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, e comezará este verán.

As obras teñen un prazo de execución de seis meses e trátase dunha actuación moi demandada pola veciñanza porque este treito é moi utilizado. A senda terá 1,3 quilómetros de lonxitude e sitúase fronte á Casa do Concello. Construirase pola marxe esquerda da estrada e será de uso compartido, peonil e ciclista.

Ademais, se executará un itinerario independente e separado da calzada actual, que ofrecerá as condicións de seguridade e comodidade axeitadas para o seu uso e desfrute por parte de peóns e de ciclistas.

Este itinerario enmárcase no Plan de Sendas de Galicia, que xa está en pleno desenvolvemento varias comarcas, e que trata de mellorar a mobilidade e incrementar a seguridade dos usuarios máis vulnerables das estradas, peóns e ciclistas.