FERROL360 | Mércores 17 maio 2017 | 00:00
A preestrea do documental «Sísifo confuso, traballos e días de Francisco Leiro» terá lugar o vindeiro 24 de maio nas instalacións de Afundación en Ferrol. Será dende as 20:30 horas e con entrada de balde ata completar o aforo do recinto da praza da Constitución.
A peza audiovisual, promovida por Arraianos Producións, céntrase nas «condicións físicas e mentais do que posiblemente sexa o artista galego con máis proxección internacional na actualidade». Trátase do «froito de máis de tres anos de investigación e rodaxe» e permite coñecer en detalle «os lugares de traballo de Leiro en Cambados, Madrid e Nova York».