FERROL360 | Xoves 21 maio 2015 | 17:50
Alfonso Casal Pita deu o salto á política a finais do ano 2014 presentándose á elección de secretario xeral de Podemos Narón e finalmente no mes de abril foi elixido como encabeza a lista de Eliximos Narón Electores. Este enxeñeiro técnico xefe en Navantia é o oitavo de dez irmanáns aposta por unha iniciativa política veciñal, libre de cargas e compromisos, como medio para afrontar unha renovación da política do concello.
FERROL360 – Un problema, unha solución: Cooperativa de Pedroso
Alfonso Casal – Descoñecemos o detalle do problema pero, polo falado cos afectados e o divulgado na prensa, non parece posible reflotar a cooperativa, entón, chegado ata esta situación, solo parece posible involucrar á Xunta, como responsable de supervisar o funcionamento das cooperativas e o concello para dar apoio xurídico e contable co fin de depurar as responsabilidades que puidera haber, e buscar na medida do posible paliar as perdidas do cooperativista de base. Tamén queremos destacar a necesidade de que o concello se involucre xunto coa Xunta na supervisión das cooperativas, para que este problema non volva a repetirse noutros casos.
360 – Que proxectos a desenvolver con outras administracións son irrenunciábeis para Narón nos vindeiros catro anos? E que dependan so do goberno local?
AC – A desenvolver con outras administracións: Finalización do novo Centro de Saude. Levar a rede de sumidoiros a todo o rural e que se terminen as instalacións para eliminar os vertidos a ría e levalos a depuradora. Instalacións para levar a banda ancha a todo o concello. Melloras nos accesos e comunicacións cos viais existentes. Novo colexio na zona do Alto del Castaño-Faisca. Novo pavillón con piscina municipal no centro da cidade, próximo a un apeadeiro do FEVE.
Que dependan so do goberno local: Desenrolo do novo Plan Xeneral de Ordenación Municipal acordado coa maioría da sociedade. Creación de carrís bici dende tódolos barrios conectados con un paseo marítimo por toda a costa. Mercado de abastos para desenrolo do comercio e a produción agro-gandeira local. Creación dun servizo de inspección y control de calidade das obras e servizos públicos. Fixación de obxectivos e desenrolo de plans para levar a cabo no concello unha redución da contaminación, aforro enerxético e a utilización de enerxías renovables.
360 – Destaque tres iniciativas do seu programa
AC – Ademais de medidas citadas noutros apartados queremos destacar: As medidas de participación cidadá, transparencia do concello (e súas empresas e entes públicos) e da súa economía, e as medidas anti-corrupción. A creación da figura do Defensor do Veciño (de xeito similar o Defensor de Pobo) que faga unha defensa do veciño incluso fronte o propio concello. As iniciativas a medio-longo prazo (escapando da visión curtoprazista da lexislatura) que permitan sentalas bases de unha cidade (concello) verde e saudable, humanizada, mellorando as comunicacións e a accesibilidade, con servizos de transporte de futuro (aneis de tren, carrís-bici), cunha planificación (PGOM) feita co acordo da maioría social.
360 – Cales son as súas propostas para impulsar o emprendemento?
AC – Fomentar a rehabilitación de vivendas e construcións con criterios de eficiencia enerxética, seguridade e accesibilidade, de cara o emprego e a renovación e revitalización social dos barrios envellecidos. Potenciar un modelo económico sostible, de pequena escala, baseado no territorio. Fomento e apoio ao cooperativismo, ás actividades tradicionais e artesáns, e aos produtos agrícolas e gandeiros, especialmente os ecolóxicos.
Apoio ó fomento do comercio local e tradicional. Creación dun Mercado de Abastos no centro da área urbana mais poboada como apoio a produción agro-gandeira local, fomentando un mercado mais xusto e dando saída as pequenas producións. Apoio as iniciativas de autónomos, microempresas e turismo ecolóxico. Creación de viveiros empresariais con seminarios e apoio á creación de novas ideas e desenrolo de proxectos. Servizo municipal de busca de inversións, axudas e subvenciones públicas. Facilitar la creación de empresas simplificando trámites administrativos. Mellora da coordinación entre administracións para reducir os custes, prazos e trabas burocráticas. Potenciar a reutilización e reciclaxe.
360 – Narón acadou os 40.000 habitantes, que iniciativas propoñe para continuar na senda do crecemento?
AC – Unha aposta polo desenrolo económico social e sostible que ofreza a base para cubrir as necesidades básicas da poboación. Reforzo da seguridade coa implantación dunha policía local de barrio, próxima os veciños e con especial atención os colexios e a delincuencia precoz.
Afianzar e revitalizar a poboación nas zonas envellecidas mediante a rehabilitación da vivenda e fomento do asentamento de parellas de mozos. Creación da “Oficina de apoio a familia”, dando apoio psicolóxico e sociolóxico, con atención especial a infancia e adolescencia, e delegacións próximas a todos os barrios e parroquias.
Axudas á maternidade e á conciliación da vida laboral e familiar. Apostamos por iniciar un ambicioso plan de transformación progresiva dos locais sociais cara a “Áreas de servizos sociais”, tendo en conta as prioridades de cada barrio o parroquia e os recursos dispoñibles polo concello, creando desta forma una rede descentralizada e coordinada que acerque os servizos aos veciños. Ditas áreas se irían habilitando progresivamente con novas zonas y servizos para a infancia, xuventude e terceira idade con actividades específicas, comedor social, zonas de cultura e deporte, con aseos e duchas, sendo apoiadas con un servizo de transporte onde se requira. Todo elo atendido por persoal especializado contratado polo concello e voluntarios.
360 – Que foi o mellor e o peor deste último mandato?
AC – O mellor do mandato foi que a unión dos catro partidos no Goberno permitiu descubrir a clase dos políticos dos partidos minoritarios (PSOE, BNG e CG) que se renderon o servizo de TEGA a cambio dunha carteira. Difícil escoller unha resposta única para o peor, pero quixera destacar no eido económico a moi mala situación económica do concello; mentres que no eido social colectivo a destrución do tecido social do concello, creando enfrontamentos entre asociacións ou entidades, ou entre persoas dentro delas, para estender a rede clientelar de TEGA.
360 – En xeral, séntese satisfeito do traballo realizado?
AC – Non. A nosa falta de experiencia política fíxonos caer en algúns erros da vella política tradicional que nos dificultou un maior achegamento os veciños. Por outra parte, sempre hai marxe para a mellora e debemos ser esixentes con nosoutros mesmos para ir mellorando a partir da reflexión sobre o feito polos demais e dos nosos erros.
360 – Con quen estaría disposto a pactar, con quen non, e por que?
AC – Non estamos dispostos a pactar con ninguén. Dado que vemos difícil nesta lexislatura alcanzar unha representación moi ampla, apostamos por o traballo na oposición, nunha oposición construtiva. En calquera caso, creemos que é mellor un goberno en minoría co que podamos chegar a acordos para apoiar aquelas iniciativas que cumpran co noso programa e/ou o apoio da veciñanza.
360 – Por que se presenta como candidato á Alcaldía?
AC – No noso caso as listas foron abertas a toda cidadanía, compuxéronse a partir dunha votación pública, aberta, libre e secreta. Apostamos por unha iniciativa política veciñal, libre de cargas e compromisos, como medio para afrontar unha renovación da política do concello, e eu levaba tempo traballando arreo por quitala iniciativa adiante. Creo que a miña elección como cabeza de lista foi un recoñecemento ao traballo realizado.
Debate sobre el post