FERROL360 | Venres 24 maio 2019 | 12:43
El candidato del PSdeG-PSOE a la Alcaldía de Ferrol es una cara conocida del Gobierno de Vicente Irisarri de 2007 y también ha sido senador en la anterior legislatura. Ángel Mato no llega de nuevas a la administración local y uno de los trabajos que siempre le gusta resaltar de su paso por la Concejalía de Urbanismo es la humanización de Canido, gracias a fondos europeos del Plan Urban.
En esta campaña electoral ha hecho del diálogo y de su decálogo de 10 propuestas para Ferrol su bandera. En debates y entrevistas siempre recalca que la ciudad necesita entendimiento entre las fuerzas políticas y tiende la mano a sus adversarios para poner en marcha esa decena de medidas que propone para la ciudad.
FERROL360 – Dous fallos e dous acertos da xestión que se fixo durante estos 4 anos.
ÁNGEL MATO – O fallo máis importante é que se renunciou a facer política e a promover o diálogo, antepoñéndose as cuestións de partido aos intereses da cidade. E isto fágoo extensivo a goberno e a oposición. Outro fallo do goberno local foi o de permitir que asuntos básicos de cidade, como os servizos, non se teñan abordado axeitadamente, provocando entre a cidadanía unha sensación de desidia. Sobre os acertos, o primeiro sería unha oferta cultural variada nestes catro anos, e a obtención dos fondos europeos Edusi, malia a que a execución dos mesmos estea sendo lenta.
360 – Que tres desexos lle pediría para o municipio á Xunta e ao Goberno central?
AM – Os tres desexos para o Goberno central serían o poder rematar, dunha vez, o convenio con Defensa; realizar o proxecto do novo trazado de ferrocarril entre Ferrol e A Coruña e a súa conexión co Eixo Atlántico; e iniciar o proxecto do estaleiro 4.0. Con respecto á Xunta, os meus desexos son o de desenvolver a vía de alta capacidade da costa entre Ferrol e Ribadeo; o obtención de fondos para acometer e rematar o tan necesario saneamento do rural; e incorporar persoal en atención primaria e execución do plan director (en infraestruturas e recursos humanos) para o Complexo Hospitalario de Ferrol, así como crear as infraestruturas pendentes e dotación de persoal para a axeitada atención aos nosos maiores e ás escolas infantís.
360 – Narón xa tivo unha alcaldesa, para cando unha muller gobernando Ferrol?
AM – O antes posible.
360 – Os lectores pregúntanse se se están realizando accións para axudar ás familias afectadas polo peche de Poligal ou se contemplan facelo cando cheguen á Alcaldía.
AM – Dende o primeiro momento, estiven en permanente contacto cos responsables do Ministerio de Industria e os traballadores porque creo que a perda dunha empresa industrial como Poligal na nosa comarca supón un duro golpe ao emprego nun sector que está chamado a xogar en anos un papel moi importante en Ferrol.
360 – Cal é a primeira medida que tomará ao chegar á Alcaldía?
AM – Poñer en marcha os expedientes administrativos para poder dispor dos contratos de servizos que agora están pendentes, e poñerme en contacto con Navantia e o Goberno central para analizar as opcións existentes para cubrir o período sen carga de traballo para os nosos estaleiros.
360 – Cales son as prioridades do municipio?
AM – Sen dúbida ningunha, a xeración de emprego e frear o despoboamento paulatino.
360 – Podería enumerar 5 medidas sociais do seu programa en materia de igualdade, axuda á drogodependencia, diversidade sexual e inclusión?
AM – A política social é evidente que representa un dos nosos pilares fundamentais e da que ten feito bandeira nos gobernos socialistas das diferentes administracións. Son moitas, pois, as medidas que contemplamos, e que parten da consideración de que nós, como defensores dos servizos públicos, defendemos os servizos sociais fortes e liderando unha política que debe traballar de forma coordinada e en colaboración coas entidades chamadas do terceiro sector. A elaboración dun Plan Estratéxico de Política Social, a constitución de forma inmediata dunha Mesa Social para coordinar o traballo e optimizar os recursos existentes, a aposta por unha residencia e centro de día de maiores no edificio que actualmente ocupa a Politécnica de Serantes, a posta en marcha de programas de alfabetización e prevención para a infancia, a creación dunha unidade de movementos migratorios, ou a formación nos centros escolares para previr e combater o acoso escolar e discriminación por xénero ou orientación social, son algunhas destas medidas. A igualdade é, por outra banda, outra das nosas razóns de ser, e neste eido defendemos a transversalidade en todas as políticas e áreas de goberno. Ademais, hai que elaborar o IV Plan de Igualdade e traballar na formación e na inserción laboral de colectivos máis vulnerables, como as mulleres migrantes ou as vítimas de violencia machista.
360 – Se dependera de vostede, o desenvolvemento de Ferrolterra seguiría sendo tan dependente dos estaleiros ou apostaría por industrias máis rendibles e menos eventuais?
AM – Penso que o sector naval afrontará nestes vindeiros anos un proceso de modernización que debe aproveitar a industria auxiliar para desenvolver novas tecnoloxías e novas profesións vencelladas ao mesmo, e así mellorar e incrementar o valor engadido dos produtos e servizos que agora prestan. Xunto a isto, o desenvolvemento do campus industrial debe levar a que exista unha maior transferencia de tecnoloxía e que a industria pública e privada, xunto coa Universidade, aproveite o talento da nosa xuventude. Ademais, o maior reto que ten o mundo nos vindeiros anos é a transición enerxética e penso que Ferrol, vencellado á eólica mariña e á utilización do gas como combustible de transporte marítimo, está moi ben posicionado para diversificar a súa industria. Tamén hai moito emprego vencellado ás novas necesidades relacionadas cos servizos públicos e, pola nosa banda, queremos prestar un apoio decidido ao emprendemento e comercio.
360 – Que medidas concretas inclúe no seu programa para a creación de emprego xuvenil e que os máis novos non teñan que marchar?
AM – Durante o goberno socialista de 2007-11, do que eu formei parte, creamos o Centro de Emprego, que pretendemos relanzar. A nosa pretensión neste eido é a de concretar un plan de emprego que vaia en consonancia coa demanda existente e que, polo tanto, se adapte ás necesidades do mercado laboral. Para iso temos que ir ás empresas e coñecer a súas demandas, así como colaborar estreitamente, ademais de co tecido empresarial e comercial, coas asociación e coa Universidade da Coruña para realizar unha oferta formativa acorde á demanda actual e futura do mercado laboral. Ademais, o plan industrial aprobado en Navantia vai supor, por primeira vez en décadas, a incorporación ao estaleiro de moitos profesionais ben formados.
360 – Os lectores amosáronse moi escépticos cos programas electorais, cre que o seu é executábel e terá partidas económicas abondo ou tería que recurrir aos créditos da banca?
AM – O noso programa está dirixido a solventar os principais problemas que ten a cidade e é totalmente cumprible. O papel do Concello é administrar os seus fondos e buscar a colaboración coas outras administracións e institucións para poder abordar os grandes problemas e retos. E, neste sentido, sinceiramente penso que o PSOE é o mellor interlocutor para afrontar os asuntos pendentes, tanto co Goberno do Estado como coa Deputación Provincial, e tamén o fará dende a colaboración institucional coa Xunta. Gobernaremos para todos e todas e cun único obxectivo: poñer a Ferrol por diante de intereses partidarios.
360 – Remunicipalización de servizos si ou non?
AM – O Partido Socialista aposta en todos os seus ámbitos polos servizos públicos e, polo tanto, a primeira medida a cumprir sería a de cubrir as prazas que, ano tras ano, van quedando vacantes no municipio para poder prestar a mellor atención cidadá e os mellores servizos municipais a toda a veciñanza. A remunipalización doutros servizos require dun estudo moi detallado de custe e rendabilidade e creo que agora mesmo o urxente é abordar os contratos pendentes. Hai que poñer enriba da mesa, ademais, que detrás destes servizos hai tamén moitos traballadores aos que se lles está xerando incertidume, e que neste debate que leva tempo hai que falar doutras cuestións que afectan a unha posible remunicipalización (ademais do persoal), como é a maquinaria, os servizos mancomunados ou a avaliación de situación de emerxencia que se poidan dar. O certo é que os servizos non están funcionando ben e o urxente e mudar esta situación, deixando ese debate para o medio prazo.
360 – No ámbito do benestar animal, os nosos lectores queren saber que ideas ten para a mellora das instalacións e a xestión do refugio mancomunado de Mougá.
AM – Como defendemos para o resto de instalacióNs municipais, debe estar mantido axeitadamente e contar co persoal necesario para poder prestar un bo servizo. O certo é que por primeira vez durante o noso goberno socialista do mandato 2007-11, non se sacrificou en Mougá ningún animal.
360 – Onde podem consultar os cidadáns o seu programa electoral completo?
AM – O noso programa completo está subido á miña páxina de campaña de Facebook, que é Queremos Ferrol. Aí pode consultarse tanto o programa, como o tríptico que fixemos de resumo do programa, e o documento de “10 acordos de cidade” que presentamos antes do inicio da campaña para tratar de chegar a consensos e deixar fóra do debate político dez asuntos que penso que son estratéxicos para Ferrol.
360 – Melloraron estes últimos anos as relacións entre Ferrol e Narón?
AM – Sen coñecer completamente o detalle, hai algo que me preocupa, que é que se ten xerado un problema co pago de determinados servizos. Penso que Ferrol e Narón non teñen que competir, senón todo o contrario, colaborar. A cidadanía pide eficacia e en cuestións como o transporte, infraestruturas e mesmo en determinados servizos clave, a colaboración entre ambos concellos resulta imprescindible.
360 – A favor ou en contra da unificación de municipios?
AM – Penso que agora mesmo ese debate non está enriba da mesa. Hai que traballar para cubrir as necesidades que ten toda a comarca e iso pódese facer dende xa. Por outro lado, hai que lembrar que existe a Mancomunidade, que é un órgano de colaboración supramunicipal, e a Deputación. O verdadeiramente importante é que a cidadanía reciba os mesmos servizos, independentemente de onde viva.
360 – Que opina de que haxa tantos partidos?
AM – Creo que é un reflexo do descrédito que hai en política e a desilusión de parte da nosa veciñanza. Semella que non está de moda o acordo e eu creo que é fundamental en política ser quen de acadar acordos co resto de partidos para sacar a cidade adiante. O contrario é precisamente a anormalidade democrática.
360 – Que cre que pode aportar ao municipio para ter dado o paso de presentarse á Alcaldía?
AM – Traballo, credibilidade, experiencia e, sobre todo, diálogo.
360 – Que opina a súa familia e os seus amigos sobre esta decisión?
AM – Sinceiramente, creo que non ten moita trascendencia a súa opinión para cubrir as necesidades que ten a cidade, pero de todo hai. Algúns, conscientes das dificultades, non estaban moi dacordo, pero eu me sinto na obriga de aportar o meu grao de area para tentar a mellorar a cidade na que vivo.
360 – Se non gana a Alcaldía, seguirá na oposición ou renunciará á acta de concelleiro ou concelleira?
AM – Pois moito antes da convocatoria das eleccións xerais decidín dar o paso para presentarme como candidato á Alcaldía, polo que o meu compromiso coa cidade é firme e o vou cumprir.
360 – Se chega á Alcaldía, mudaría o seu soldo? Canto considera que debe cobrar o alcalde ou alcadesa da cidade?
AM – Considero que a política conleva unha gran responsabilidade e penso que hai que poñela en valor non só en relación ao salario, senón en relación á responsabilidade que cada un ten. Preocúpame que a xente pense que o traballo que se realiza non merece unha compensación digna, pero en todo caso, como sei que este tema xenera moito debate, non creo que sexa o prioritario neste momento.
360 – Está aberto ou aberta aos pactos? Con que formación non chegaría nunca a un acordo?
AM – Xa teño dito en moitas ocasións que vou falar con todas as forzas políticas que teñan representación, xa que todas representan, en menor ou maior medida, a vontade da cidade, e a cidade é de todos, é gobernada para todos e a obriga dun gobernante é falar con todos. Iso, obviamente, non significa que non existan diferenzas programáticas e políticas, pero a ferramenta da política é o diálogo e o obxectivo debe ser o acordo, tal e como ten demostrado o PSOE nestes anos.
360 – Con que contrincante tomaría unha cervexa e con cal non compartiría nin un xantar institucional?
AM – Compartiría un xantar institucional con todos e penso que tamén tomaría un café con calquera deles, aínda que estiveran nas antípodas do meu programa político. Tal e como dixen, representan á cidadanía que os apoia e teñen que ser escoitados.
360 – Se non cumpre as promesas que está facendo na campaña antes de finalizar a lexislatura gobernando, estaría disposto ou disposta a non presentarse máis?
AM – Elaboramos un programa de propostas que se poden cumprir e o meu compromiso é cumprilo.
360 – Os lectores teñen a sensación de que só lles escoitan na campaña electoral, cre que teñen parte de razón?
AM – En absoluto. Fun concelleiro durante catro anos e ao longo dese tempo teño recibido a centos de cidadáns que teñen o dereito a dirixirse á súa institucións máis cercana, que é o Concello- Os escoitei a todos e mesmo a algúns lle tiven que dicir que non ao que plantexaban, pero en todos os casos escoiteinos. Creo que é importante que un gobernante teña vocación de servizo público.
360 – Se atreve a facer unha aposta de resultados?
AM – A miña porra é que as cidadás e os cidadáns van ir votar o día 26 de maio porque son conscientes do que se xogan nestas eleccións municipais.
Debate sobre el post