FERROL360 | Martes 24 febrero 2015 | 18:39
Argemino Varela foi elixido por unanimidade da Asemblea Aberta do BNG Mugardos como o seu candidato ás eleccións municipais de maio. Nun comunicado de prensa, o grupo informa que «a elección é froito dunha proposta debatida e consensuada dentro do propio proceso participante».
Varela ten 54 anos, é lincenciado en Psicoloxía, afeccionado ao deporte en xeral, seguidor do Deportivo da Coruña, ao cine, á música e a literatura. Será o relevo ao fronte do BNG do histórico Xosé Fernández Barcia, quen meses atrás xa avanzou que non se presentaría ás eleccións.
O número dous da candidatura é Tania Fernández Iglesias e o número tres é o activista do movemento asociativo Ramón Romero Mandiá. En vindeiras datas o BNG dará a coñecer o resto de tramos da candidatura, que sairán dos acordos da Asemblea Aberta.
Debate sobre el post