FERROL360 | Martes 22 de outubro de 2024 | 7:44
«Degusta A Coruña» é un congreso, organizado pola área de Turismo da Deputación da Coruña, que se enmarca dentro da iniciativa «A provincia que sabe» co obxectivo de reivindicar a excelencia na cadea agroalimentaria da provincia.
Durante tres xornadas consecutivas e de xeito itinerante por diferentes municipios da provincia, reivindícanse produtos agroalimentarios, empresas de transformación, distribuidoras e establecementos hoteleiros e de restauración que desenvolven o seu traballo con parámetros de sostibilidade e calidade.
Un percorrido de experiencias gastronómicas polo territorio no que se fala de compromiso co produto e coas persoas. As xornadas terán lugar os días 28, 29, e 30 en Fene, Betanzos, Padrón, Boiro, A Coruña e Carballo.
O inicio do programa terá lugar en Fene de 10:00h a 11:00h: Coa conferencia «Dende o mar a túa casa. Visita a Cofradía de Barallobre». Un acto pechado a profesionais. Interveñen Jorge López, Confraría de Barallobre. David Pita, Confraría de Barallobre e Rocío Carreiras, Agrupación de Mariscadoras a Pé.
O programa terá continuidade noutros enclaves e tamén de forma dixital.
Deixámosvos todo o programa pinchando no link.
Debate sobre el post