Publicidad

Arrancan as obras de remodelación da Praza do Hospital en As Pontes

FERROL360 | Luns 3 agosto 2015 | 11:32

Este luns comenzan as obras de remodelación da Praza do Hospital en As Pontes, que terán unha duración de catro meses. Os traballos, que correrán a cargo da empresa local Areco, consistirán na demolición e levantamento das beirarrúas; renovación do sistema de alumeado público e o de drenaxe cunha nova línea de sumidoiros.

Asimesmo, tamén se instalará un mobiliario urbano máis moderno e unha nova sinalización viaria. Esta actuación conta cun orzamento de 298.776 euros, procedentes da anualidade de 2014 do plan de obras e servizos da Deputación da Coruña.

No tocante ás obras afectarán directamente á praza do Hospital consistirán nun rebaixe da praza para que quede ao mesmo nivel que a calzada e mantendo o criterio de deseño das rúas colindantes, con beirarrúas de baldosa prefabricada de formigón granallado.

Así quedará a Praza do Hospital cando rematen os traballos (cedida)
Así quedará a Praza do Hospital cando rematen os traballos (cedida)