FERROL360 | Venres 31 agosto 2018 | 10:10
O cabildo do mosteiro de Santa Catalina transformarase nunha sala de interpretación despois das obras de acondicionamento que acomete a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. As actuacións contan cuun importe de 102.499,96 euros e un prazo de execución de tres meses.
Súmanse aos 60.000 euros invertidos este verán nas reparacións urxentes realizadas na fachada, tamén promovidas pola Consellería de Cultura co impulso do goberno local. Os traballos débense ás xestións realizadas polo Concello de Ares impulsando un novo proxecto para a posta en valor deste inmoble declarado Ben de Interese Cultural.
A intervención, a primeira dentro das marcadas polo Plan Director do mosteiro, consisirá na recuperación de accesos propios da configuración orixinal do templo e traballos para frear o deterioro da carpintaría do retablo e os problemas de humidades na cuberta do coro.
Ademáis crearase un espazo para a exposición de pezas escultóricas e arquitectónicas da construcción gótica e se actuará sobre as propias pezas que se instalarán nesta sala, que incluirá iluminación especial.
Tal e como se establece no acordo entre a Consellería e o Concello de Ares para acometer os traballos a administración local garantizou a disponibilidade dos terrenos, ademáis de ser a responsable de aprobar o documento técnico das actuacións.
Unha vez finalizados, o Concello asumirá a xestión, mantemento e conservación do espazo.
Debate sobre el post