FERROL360 | Xoves 9 marzo 2017 | 19:19
O Ateneo Ferrolán facía público este xoves o cartaz da súa IV mostra de documentais en galego que terá lugar no salón de actos da entidade o vindeiro xoves 23 de marzo ás 19:00 horas con entrada libre. Seguindo coa súa aposta polo audiovisual en galego que nacera en 2011, serán tres as pezas que poderemos ver na mostra: 15 anos da Fundaçom Artábria. O documentário; Rádio Filispim. 10 anos de rádio libre e comunitaria; e O Moredo. A resistencia do Entroido Ribeirao.
No primeiro caso trátase dun documental de 37 minutos filmado en 2014 e 2016 froito dun proxecto colectivo, que amosa a historia da Fundaçom Artábria durante os seus primeiros quince anos de vida. O Moredo. A resistencia do Entroido Ribeirao, de 28 minutos, está gravado no ano 2016 e dirixido por David Vázquez. Lévanos ao Entroido Ribeirao, unha festa ancestral que se celebra na parroquia de Santiago de Arriba en Chantada (Lugo).
Por último, Rádio Filispim. 10 anos de rádio libre e comunitaria, de 34 minutos e do ano 2016, baixo a dirección de Óscar Quant e coa colaboración de Xende López na produción e de Juanpa Ameneiros na gravación e na edición recolle os dez primeiros anos de historia da Rádio Filispim, a Radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite no 93.9 da FM.
Debate sobre el post