Lara de la Iglesia | Domingo 11 de agosto de 2024 | 11:46
As carrilanas volveron a rodar por Valdoviño onte, co comezo das baixadas. A cita coa Baixada de Valdoviño é xa un dos momentos típicos do verán, celebrando este ano a súa edición número 26.
Tras un inicio accidentado, no que unha das participantes tivera que ser trasladada en ambulancia tras un accidente durante as baixadas de entrenamento, os diferentes vehículos tiveron a súa oportunidade de competir e, maiormente, de divertirse.
Duas das carrilanas que baixaron non participaron na competición, se non que foron de exhibición. A primeira foi un autobús de madeira imitando aos que antigamente chegaban ata a praia de Valdoviño coas bolsas no teito. A outra foi un cabaliño ao máis puro estilo de atracción de feira.
Na competición de baixada, na que participou sobre todo xente de fóra de Valdoviño, tamén tomaron parte observadores internacionais, que tomaron nota das condicións do percorrido con vista a poder, nun futuro, ser sede da copa de Europa.
Para rematar o día, os competidores puideron descansar e repoñer forzas nunha cena popular carrilañeira.
Debate sobre el post