FERROL360 | Venres 27 novembro 2015 | 21:36
A concelleira de Inmigración, Xuventude e Minorías Étnicas, Marité Riveira, acompañou este venres aos representantes de Mobilidade Humana na presentación das II Xornadas de Migracións, Muller e Violencia, que que se van a levar a cabo este sábado 28, ás 18:00 horas no polígono das Lagoas, co respaldo dos concellos de Narón e Ferrol.
Estas xornadas queren afondar na prevención das distintas formas de violencia de xénero, poñendo o foco na dobre exposición que sofren as mulleres inmigrantes: «Queremos centrarnos na dobre vulnerabilidade que sofren as mulleres migrantes para chamar a atención das administracións locais e entidades sociais para facer visible estas situacións que padecen moitas mulleres estranxeiras afastadas do seu entorno e descoñecedoras dos recursos que teñen para buscar axuda», expuxo Soledad Lucero, da Asociación Mobilidade Humana.
As xornadas vanse levar a cabo no centro de exames da Estrada de Cedeira, no polígono naronés das Lagoas, coa participación do Foro Galego da Inmigración, do Padroado Concepción Arenal, de Almat e da Marcha Mundial das Mulleres.
A nosa compañeira xornalista de Ferrol360, Rebeca Collado, vai ser a responsable dun dos relatorios, que comezarán ás 18:50 horas, neste caso, do análise da muller nos medios. Tamén haberá tempo para falar do marco normativo e das políticas para a prevención da violencia de xénero e para facer un debate sobre experiencias concretas e os recursos dispoñibles na comarca. A entrada é libre.
Debate sobre el post