Publicidad

Blanco recolleu en Pontevedra o Premio AELG «Institucións 2014»

FERROL360 | Luns 5 maio 2014 | 19:59

O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, recolleu o pasado sábado en Pontevedra o Premio AELG «Institucións 2014», outorgado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

Con este premio recoñécese a calidade da programación anual de teatro de Narón, deseñada polo Padroado da Cultura do Concello. O director do Padroado, Luciano Fernández, acompañou ó alcalde a recoller o galardón, entregado no transcurso da Gala das Letras celebrada no Teatro Principal de Pontevedra.

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega destacou nesta gala a aquelas entidades que contribuíron á divulgación da lingua e cultura galegas a través do apoio ó teatro galego, que por extensión significa o respaldo á normalización da cultura e a lingua galega.

O alcalde de Narón e o director do Padroado recolleron o premio (foto: Concello de Narón)
O alcalde de Narón e o director do Padroado recolleron o premio (foto: Concello de Narón)