Publicidad

Blanco reuniuse con varias asociacións de veciños para falar do proxecto de saneamento

FERROL360 | Martes 4 marzo 2014 | 17:59

O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, reuniuse coas asociacións de veciños de Xuvia, Piñeiros, O Couto e Freixeiro para falar das obras de construción dos interceptores xerais da marxe dereita da ría de Ferrol. O proxecto de saneamento da marxe dereita da ría de Ferrol atópase a exposición pública no Concello de Narón ata o día 25 de marzo para a súa consulta e presentación de suxestións.

Blanco entregou ós representantes veciñais os planos das obras para que eles tamén informen ós veciños dos seus barrios. Os traballos de construción dos interceptores xerais da marxe dereita da ríaa de Ferrol teñen un orzamento base de licitación de máis de 11 millóns de euros, e deberín estar finalizados antes do 31 de decembro de 2015.

Neste proxecto inclúense as obras de construción do tanque de tormentas de Xuvia, substitución do interceptor existente entre Neda e o tanque de tormentas de Xuvia polo novo colector xeral de Xuvia, construción do colector xeral de Piñeiros, substitución da rede existente en dous puntos (nas proximidades do Regato de Pedregal e de Megasa) para captar os verquidos desa zona, e construir un novo colector que transporte as augas residuais ó novo colector xeral de Xuvia, entre outros.