FERROL360 | Luns 30 maio 2016 | 13:56
O Concello de Cabanas ten aberto o o prazo de inscrición no Curso de Usuarios Profesionais de Productos Fitosanitarios, nivel básico. Deste xeito, as persoas interesadas en tomar parte nesta acción formativa que facilita a obtención do carné básico poden cubrir a solicitude e entregala no Rexistro Xeral do Concello.
O prazo remata o 3 de xuño, inclusive. Así mesmo, dende a administración local infórmase que na concesión das prazas terán preferencia os titulares de explotacións agrarias e persoal dependente.
A listaxe de admitidos e tamén a relación de persoas en lista de espera, se a houbera, publicarase tanto na páxina web municipal como no taboleiro de anuncios. O curso é de 25 horas e estará impartido por persoal da Consellería de Medio Rural.