FERROL360 | Luns 15 agosto 2016 | 12:11
O Concello de Cabanas xa iniciou os traballos de pavimentación de 2,6 quilómetros de pistas rurais do municipio. Unha intervención que tamén inclúe tarefas de desbroces e limpeza de cunetas a ambas marxes dos viais.
As actuacións lévanse a cabo en dous camiños de 1,8 quilómetros e 800 metros, que discorren entre A Pedra do Couto e a Relousada, pasando polo Alto do Cotiño. Os traballos están orzamentados nuns 56.000 euros e fináncianse con cargo ao Programa Estratéxico de Infraestructuras do Medio Rural -PEIM- da Xunta de Galicia.
Estas intervencións, que se prolongarán ao longo deste mes de agosto, permitirán pór freo o avanzado estado de deterioro das pistas, derivado de intenso tráfico de tractores e máis camións de transporte da madeira que soportan os viais.