FERROL360 | Xoves 28 agosto 2014 | 13:46
Hai case un ano que Cabanas tinguíase de negro cando un veciño atopaba o corpo sen vida de Elisa Abruñedo. Esta muller de Lavandeira foi asasinada pero o caso está aínda sen resolver. Precisamente para reclamar que a investigación non caia no esquecemento, así como para amosar o seu apoio á familia de Elisa, este luns Cabanas rendiralle unha homenaxe na súa lembranza.
O acto será ás 20:00 horas no Parque do Areal, xunto á Caseta de Información de Turismo, e está organizado polo Concello e a Asociación de Mulleres Cabanas Rural. «Ninguén se esquece de Elisa Abruñedo», di o comunicado remitido polo Concello de Cabanas que pide que «se continúen os traballos para resolver este crime que supuxo un gran impacto» no municipio.