FERROL360 | Luns 11 novembro 2013 | 18:28
Cinema e sociedade é unha mostra que a Asociación Cultural ‘Conxeito’ ven desenvolvendo dende o ano 2008. O seu obxectivo principal é «contribuir a coñecer a nosa realidade promovendo o debate por medio do uso do mundo da imaxe e do Cine».
Logo de percorrer varios escenarios, este ano visitarán Caranza coa finalidadade de «facilitar o acceso da nosa actividade a unha zona comprometida, de sempre, co seu entorno e calidade de vida dos seus habitantes e pola existencia de centros de ensino».
O proxecto que conta coa colaboración de diversos concellos, entidades sociais da comarca e mesmo a Universidade. vai a cumprir a súa quinta edición. A través do soporte audiovisual, tratará de facer chegar ao público as diferentes problemáticas que está a sufrir a sociedade.
Por medio de charlas, mesas e unidades didácticas favorecerase o debate social, dirixido principalmente á poboación escolar, entidades e colectivos sociais.
Todos aqueles que se acheguen ao Centro Cívico de Caranza dende o 12 ao 14 deste mes poderán ver, ademais de diferentes proxeccións, unha obra de teatro e a exposición temática sobre a Batalla de Brión, composta de fotografías, gravados e paneis informativos.
Debate sobre el post