FERROL360 | Luns 18 maio 2015 | 19:26
O Concello de Cedeira aprobou e remitiu ao Boletín Oficial da Provincia as bases que regulan a concesión das axudas escolares para familias con fillos que estén a cursar estudos de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).
Unhas axudas que xa recibiron neste curso aquelas familias con fillos en Educación Primaria e que agora o Concello vén de ampliar. As bases e o modelo de solicitude poden consultarse aquí e o prazo abrirase unha vez se publiquen no BOP. O Concello reserva a este fin 10.000 euros e as axudas municipais complementarán as achegas autonómicas vixentes.
Con elas, poderanse cubrir necesidades educativas como adquisición de material didáctico complementario ou financiar actividades extraescolares, pero tamén afrontar o pago de ortodoncias dentais, gafas, plantillas ou calzado especial ou audífonos, sempre que non esté cuberto por outra administración.
Para acceder ás axudas, e entre outros requisitos, é preciso estar empadroado en Cedeira e matriculado nun centro de ensinanza pública, así como ser beneficiario das axudas outorgadas pola Consellería de Educación para a compra de libros de texto. En todo caso, a Administración local canalizará as subvencións a través da Concellería de Servizos Sociais.
Debate sobre el post