Publicidad

Comezan as obras de recuperación do edificio anexo ao Pazo da Marquesa en San Sadurniño

As obras no Pazo da Marquesa deron comezo este luns (foto: Concello de San Sadurniño)
As obras no edificio anexo ao Pazo da Marquesa deron comezo este luns (foto: Concello de San Sadurniño)

FERROL360 | Luns 15 xullo 2013 | 21:33

Este luns comenzaron as obras de recuperación do edificio anexo ao Pazo da Marquesa, en San Sadurniño. A empresa Xestión Ambiental de Contratas executa a iniciativa, por un importe de 258.950, 27 euros.

A materialización do proxecto iniciouse coa retirada de uralitas da cuberta. Prevé un bloque de menor altura para «realzar a figura do pazo histórico recén restaurado ao seu carón», indica o Concello.

Os prazos estipulados indican que os traballos terán que estar rematados o vindeiro mes de setembro. O consistorio destinará o inmoble a escola infantil e centro de servizos con locais para emprendedores.

De xeito paralelo, o Concello mantén aberto o proceso de contratación do equipamento interior do Pazo da Marquesa, por 137.500 euros. Este vindeiro venres expira o prazo de presentación de propostas.