FERROL360 | Luns 26 febreiro 2018 | 10:09
Obradoiro de ergonomía, nutrición, reciclaxe creativo, motivación, autoestima e resolución de conflictos, asistencia sexual e igualdade son algunas das actividades que desenvolverá ao longo do mes de marzo a Asociación Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas.
Ademais, a entidad realizará un total de catro cursos tamén no mes de marzo. Así, haberá un curso de comunicación e cómo falar en público; curso de preparación da ESO; curso de mindfulness, que terá lugar duranrte oito días, un día á semana e curso de informática, que será os luns e mércores, de 18:00 a 20:00 horas. Comezarán o día 5 de marzo.
Os obradoiros e cursos desenvolveranse no local social da Asociación en horario de 18:00 a 20:00 horas. Os obradoiros están dirixidos a persoas con e sen diversidade funcional e deseñáronse para que as persoas usuarias potencien as súas capacidades individuais e acaden o maior grao de autonomía persoal e vida independiente que lles permita un óptimo desenvolvemento na sociedade en igualdade de oportunidades.
Esta campaña formativa conta coa colaboración do Concello de Ferrol e enmárcase dentro do convenio que esta administración ten asinado coa Asociación Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas para o ‘Proxecto de habilidades sociais e formación para a inserción laboral’.
Por outra banda, a entidade informa que continúa o servizo de fisioterapia e que se está a organizar unha Xornada sobre Accesibilidade Universal.
A inscripción para os obradoiros, así coma información e citas para o servizo de fisioterapia pódese realizar na oficina da Asociación sita en rúa Colón (enfrente a Casa do Patín), no barrio de Esteiro. Tamén no teléfono 981 930 544, en horario de 09:00 a 13:00 horas, ou ben vía mail en: diversidadefuncionalferrol@hotmail.com.