FERROL360 | Sábado 28 novembro 2015 | 10:26
O Concello de Ferrol e movemento ecoloxista da comarca convocan unha concentración este sábado, ás 12:00 horas, pola defensa dunha herdanza sostible para o planeta e os homes e mulleres do futuro. Será nas escadas do Concello de Ferrol baixo os soportais.
Baixo o lema «Polo Planeta, por ti. Unha herdanza renovable», esta acción reivindicativa busca visibilizar unha fonda preocupación pola saúde do noso patrimonio natural. Está chamado a participar todo o tecido asociativo da comarca e faise nas vésperas da celebración, en París, do cumio do cambio climático.
Debate sobre el post