FERROL360 | Xoves 11 julio 2019 | 8:59
O parque da Frouxeira convertirase no mellor dos escenarios este domingo para acoller o contacontos de Teatro Calavera e un obradoiro de cociña pensado para todo o público. Ambas citas son gratuítas e darán comenzo ás 19.30 horas.
No contacontos Chocolate, de Teatro Calavera, o cociñeiro Antón reta á pasteleira Tomasa a conseguir o mellor chocolate do mundo. Así, Tomasa colle rumbo mar adiante en busca da árbore do cacau e consegue facer o mellor chocolate do mundo.
Ao remate do contacontos, o público asistente poderá participar nun obradoiro de cociña no que se elaborarán brochetas de froitas recubertas de chocolate fondiu.
Estas propostas dirixidas ao público familiar, forman parte do programa Escenarios Paralelos, do Concello de Valdoviño, co que se aposta por promover iniciativas culturais máis aló da Casa da Cultura.
Debate sobre el post