Club de Montaña Ferrol, Alpinista Abrente | Venres 8 de novembro de 2024 | 12:15
O Club Montaña Ferrol, Alpinista Abrente percorreu o cauce do Río Belelle, e comprobou que hai cantidade de puntos perigosos.
Para iso dirixiuse os Concellos de A Capela e de Fene para poñer en relevo a situación dunha ruta que transitan numeroso sendeiristas
No concreto na Capela, unha histórica ponte, sobre o rego do Machuco entre Barreiro e Cabalar, derrubouse cortando un tradicional camiño de acceso ó Muiño de Barreiro
No caso do Concello de Fene son moitos os puntos complicados, dende Formariz ata a central do Roxal: Pontes de madeira apodrecidos, barandillas e escaleiras da zona o canle que aportan mais risco que seguridade. Zig zag desfeita tanto en firme como en ocupación de maleza. Sinalización penosa, que aporta unha indecente imaxe do entorno natural. O merendeiro da baixada ten máis perigo tal como está que se non existise.
O hipotético miradoiro, ca cantidade de maleza que ten e absolutamente inservible e non aporta imaxe algunha da potencia da Fervenza
Por todo iso se lle pide os concellos que se tomen as medidas oportunas para reducir os riscos, e se poña en valor todos os elementos explicativos interesantes (ou se retiren).
Debate sobre el post