Publicidad

Deputación e Concello de Cabanas asinan o convenio para cubrir a bancada do campo de fútbol de A Veiga

FERROL360 | Domingo 18 xaneiro 2015 | 18:50

O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, e o alcalde de Cabanas, Germán Castrillón, asinaron un convenio de colaboración que permite a achega de 32.790 euros para cubrir as bancadas do campo de fútbol de A Veiga.

Trátase dun acordo aprobado no pleno ordinario de decembro e polo que a institución provincial asume o custe total da actuación que permitirá aos residentes no concello dispor de mellores equipamentos deportivos.

Ademais da obra de instalación da cuberta de 447 metros cadrados, unha vez rematados os traballos se repoñerá a rede de parabalóns ao longo de todo o perímetro do campo. O obxectivo é que os veciños e veciñas do entorno poidan gozar dos eventos deportivos en boas condicións.