FERROL360 | Mércores 13 novembro 2013 | 17:53
O presidente da Deputación Diego Calvo, mantivo esta mañá un encontro co alcalde do Concello de As Somozas e outros membros da corporación municipal.
Alí, repasaron as últimas achegas provinciais coma o Plan de Obras e Servizos do 2013. Dende o ente provincial, sinalan que esta actuación serviu para destinar case 100.000 euros a gasto corrente e máis de 70.000 euros para mellorar infraestruturas municipais. Do mesmo xeito, Calvo asegurou que As Somozas seguirá beneficiándose deste plan durante o exercicio 2014 para que poidan seguir destinando ata un 60% a gasto corrente.
O presidente da Deputación, tamén sinalou que as novas bases das convocatorias irán adaptadas ás «verdadeiras necesidades dos municipios». Facía referencia a doutar de maior liberdade a xestión dos investimentos por parte das administracións locais.
Sobre o documento orzamentario que se levará á sesión plenaria o próximo venres 22 de novembro, Calvo adiantou que foi un presuposto «elaborado mantendo a nosa vocación principal, orientar todos os nosos servizos aos 93 concellos da provincia da Coruña».
Debate sobre el post