FERROL360 | Xoves 6 marzo 2014 | 17:32
O Concello de Narón nomeou a Dolores -Lola- Graña Freire como Muller do Ano 2014 nun acto oficial celebrado este xoves no consistorio
A que fora presidenta da Asociación de Veciños Virxe do Mar durante os anos 1999 e 2012, recibiu publicamente os parabéns polo traballo desenvolvido durante esta etapa na entidade naronesa.
De mans do alcalde José Manuel Blanco, a homenaxeada recibiu un ramo de flores e un broche, que lucirá o vindeiro venres 14 de marzo na tradicional cea de mulleres.
O rexedor, acompañado polos membros da corporación municipal, destacou desta muller o seu esforzo de moitos anos «a prol dos seus veciños». Non puidendo homenaxear a todas aquelas veciñas que aínda traballan arreo no municipio, pretenderon con este recoñecemento representar «en Lola a todas elas».
A concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, tamén sinalou que Lola é «un exemplo para que tódalas mulleres nos impliquemos na sociedade e loitemos por conseguir un mundo mellor».
Os actos que conmemoran o Día Internacional da Muller, completaranse coa representación da peza teatral El(l)as confidencial, o sábado ás oito da tarde no Pazo da Cultura. As entradas para o espectáculo poden reservarse no teléfono 981 33 77 00 (extensións 1108 ou 1113). Ademais, o vindeiro mércores día 12, o local social de O Alto acollerá unha mesa redonda baixo o título Educando en igualdade e o xoves día 15, a praza de Galicia vestirá un mural elaborado por tódalas mulleres asistentes. Estos dous últimos actos, serán ás seis da tarde.
Debate sobre el post