FERROL360 | Mércores 17 maio 2017 | 20:13
Dúas persoas resultaron feridas por unha catana nun altercado que tivo lugar na mañá deste mércores no barrio de Recimil. O incidente sucedeu durante o mercadillo dos mércores no barrio ferrolán e confrontou a dous irmáns, as persoas feridas coa catana, e varias persoas de etnia xitana.
Os feridos foron trasladados ao Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol nunha ambulancia e a lo menos unha persoa foi detida polo suceso. Axentes da Policía Local e Nacional personáronse no lugar dos feitos.