FERROL360 | Venres 9 xuño 2017 | 9:55
Escolares de Neda visitaron esta semana a Confraría de Barallobre no marco da campaña de sensibilización e divulgación dos valores e recursos do mar ‘Ondas de ilusións: escolas do mar’, que promove o GALP Golfo Ártabro Norte.
A iniciativa ten como obxectivo achegar ás novas xeracións ó entorno litoral do Golfo Ártabro Norte, ensinar in situ a cultura mariñeira, os recursos naturais, así como as artes e tradicións relacionadas coa pesca artesanal. Tamén busca que os peques se involucren no coidado dos nosos mares e tomen hábitos de consumo responsable dos produtos do mar.
Esta primera edición pretende ser un referente de divulgación como complemento educativo dentro do calendario escolar. Para iso, a campaña conta con tres alicerces básicos: unha charla impartida nos propios centros sobre a biodiversidade e a conservación mariña; unha excursión na que levan a cabo variadas actividades relacionadas coa mar e un concurso de contos.
Na actividade de excursión os escolares aprenden in situ o traballo das mariscadoras na Confraría de Barallobre, participan nunha limpeza de praia concienciándose sobre a gran problemática dos residuos mariños, visitan o Museo da SGHN ou Exponav para valorar o noso patrimonio histórico-cultural, entre outros.
A campaña está a ter lugar durante o terceiro trimestre deste curso 2016-2017. Participan 13 centros dos municipios de Ares, Cabanas, Fene, Miño, Mugardos, Narón, Neda, Paderne e Pontedeume cun total de 500 participantes de primaria.