FERROL360 | Mércores 29 xullo 2015 | 11:37
Este xoves o Concello de Narón celebrará Pleno ordinario de fin de mes no que, entre outras cuestións, debatiranse as mocións de Esquerda Unida relativa ao Tratado Transatlántico de Comercio e Inversión e a do PSdeG-PSOE sobre a lei mordaza. Estas mocións súmanse á do BNG na que piden explicacións ao Concello de Ferrol e Xunta pola crise da auga.
Os socialistas de Narón piden ao Goberno Central a retirada da Lei de Protección de Seguridade Cidadá, nomeada como Lei Mordaza, por entender que «restrinxe o exercicio dos dereitos e as liberdades da cidadanía e coa súa aplicación o Goberno do PP busca retornar a un Estado Policial». Desde o PSdeG-PSOE indican ademais que traballarán por minimizar o efecto da lei en Narón.
Mentres, desde Esquerda Unida propoñen declarar a Narón como municipio oposto ó TTIP, así como solicitar ao Parlamento e aos eurodiputados o su rechazo á aprobación deste tratado. Tamén piden ao Ministerio de Economía a suspensión das negociacións do TTIP. Con esta moción buscan defender os servizos públicos básicos para a solidariedade e redistribución social, o medioambente e a saúde.
E é que o grupo explica que o TTIP permitirá a «paulatina e perversa apropiación do poder político e xudicial por parte do poder económico das grandes corporacións transaccionais». Advirten ademais que o obxectivo deste tratado é establecer un grande mercado que consagraría o dominio das grandes corporacións europeas e norteamericanas no detrimento dos cidadáns.
Debate sobre el post