
Proxección do filme documental «O auto das ánimas»: O pase terá lugar este venres 24 de maio ás 20:30 horas no auditorio da casa da cultura, e como é habitual, a entrada é de balde e libre ata completar aforo. «O auto das ánimas» é a primeira película do director de fotografía Pablo Lago Dantas, e dende a súa estrea hai apenas un ano, acumula unha chea de recoñecementos. Nela, o cineasta aborda o encontro co seu lugar de orixe e a súa familia, unha viaxe a través da memoria, a tradición, a deconstrución do fogar, a morte e o paso do tempo.