Publicidad
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Roteiro sobre as mulleres de Mugardos

mayo 18, 2024| 19:00
Imagen no disponible

A Asoc. Cultural Apelón Educación ven de elaborar un roteiro, que pretende ser o primeiro dunha serie, sobre as mulleres de Mugardos.

Partindo de textos documentais de Bernardo Máiz, Miguel A. Rodríguez Vázquez, Ana Pérez Rico, Francisca Pérez e Miguel Rodríguez, a actriz e directora Eugenia Sanmartín elabora un texto dramático para ser lido e representado. Un grupo de asociados colabora como actores afeccionados, motivo polo que a representación merece a vosa benevolencia.

Para a nosa sociedade (ACAE), este roteiro dramatizado supón un cambio con respecto aos roteiros anteriores (Rosalía e Lavandeiras) e agardamos que dea lugar a máis actividades de carácter teatral.

Será o día 18, sábado ás 7 da tarde no Ratón, xunto a Casa da Serea.

Detalles

  • Fecha: mayo 18, 2024
  • Hora:
    19:00
  • Categoría de Evento:

Recinto

  • Casa da Serea Mugardos