FERROL360 | Xoves 17 maio 2018 | 11:12
Un operario faleceu na tarde deste mércores no Polígono do Río do Pozo, en Narón, tras caerlle enriba unha prancha metálica que manexaba cunha grúa. O accidente tivo lugar cando o operario estaba traballando nunha nave ubicada na rúa Mariscadores.
A chamada dun particular alertou ao 112 Galicia que pediu asistencia médica urxente para o traballador, golpeado pola prancha metálica que se desprendeu da grúa que estaba manipulando. Así, desde o Centro Integrado de Atención a las Emergencias (CIAE) 112 Galicia, deuse aviso aos profesionais do 061- Urgencias Sanitarias.
Tamén se alertou aos axentes da Policía Nacional. Pouco despois, segundo informa o CIAE 112 Galicia, confirmouse o falecemento do operario.
Debate sobre el post